A concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, asegurou hoxe que ningún centro de educación 0-3 dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar conta con servizo de transporte para os bebés. Respostou así a insinuacións que se deron no pleno do pasado luns por parte da UPRI. Álvarez Lastra non nega que existan gardería privadas que oferten ese transporte.
A edil nacionalista di que lle viron moitos inconvenientes á moción presentada pola UPRI Segundo a edil nacionalista, os horarios dos centros son moi flexibles xa que van de 8 da mañá a 6 da tarde con diferentes tramos de entrada e de saída. Estas caraterístias, unidas ás idades dos rapacaces -comprendidas entre catro meses e tres anos- fan para Álvarez Lastra unha tarefa complicada. A edil mostrouse especialmente preocupada polos diferentes cambios de personal aos que terían que enfrontase os nenos ao longo do día se se engaden os condutores e coidadores do transporte.
A concelleira de Educación tamén se refire á posibilidade que se apuntaba no pleno de ofertar o servizo para os meniños da vila e para os da zona rural e pregúntase de novo, resaltando a duración da viaxe para os meniños que viñesen de máis lonxe se o traxecto fai paradas intermedias. A edil subliña a responsabilidade que supón este tipo de transporte ao tratárense de bebés, e non de rapaces de escolarización obrigatoria.
Non hai pactos de goberno encubertos
A edil nacionalista tamén rexeitou a existencia dun pacto de goberno co PP. “Nós por responsabilidade política e por crenza consideramos que ese servizo non pode ir para adiante” dixo. A edil presentou a posta en marcha das medidas precisas para que o Concello conte con outra Galescola. Preténdese así poder cubrir todas as necesidades da xente que estea empadroada en Ribadeo.
“O noso Concello -declarou- demanda dunha aposta económica e de negociar coa Vicepresidencia para contar con esa nova galescola e cun espazo destinado a ludoteca para ofertar actividades durante diferentes épocas do ano e así conciliar mellor a vida familiar e laboral” dentro do alcance dos presupostos e dos fondos.
Mariluz Álvarez Lastra defende así que o motivo do seu voto non está vencellado a ningún pacto encuberto “e porque o básico e fundamental é o que temos que cubrir e o demais serían servizos á carta que neste momento non estamos en condicións de dar e non nos parecen nin viables nin factibles”.