E O LIXO EN BOLSAS PECHADAS DESPOIS DAS NOVE DA NOITE
O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada ao civismo e pídelle á veciñanza que deposite o cartón no interior dos contedores correspondentes.
O DE RIBADEO FOI O TERCEIRO DOS 67 CLUBS PARTICIPANTES
No Concello ribadense tivo lugar o acto de recepción a tres remeiros locais que veñen de acadar as medallas de ouro e prata no Campionato de España de Remo Olímpico en infantil masculino e infantil feminino en Bañolas 2022. Trátase de Antón Balsa Val, Irene García Valle e Carlota Peña Vior. Os deportistas estiveron acompañados por familiares e amigos.
UNHA PROBLEMÁTICA QUE SE REPITE UN VERÁN MÁIS
O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que onte a primeira hora da mañá o Concello de Ribadeo enviou unha comunicación de oficio ao Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente para demandar a posta en marcha de medidas que eviten o amoreamento de pedras que os visitantes están a realizar na praia das Catedrais. E sinalou que "esta administración local non ten a culpa dos problemas de distribución interna que a administración autonómica poida ter".
O RAPAZ ESTIVO ACOMPAÑADO POLA SÚA FAMILIA
O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a recepción ofrecida ao piragüista Nicolás Gayol Santamarina, que acadou o 9º posto en K2 500 metros no Campionato de Europa Junior coa selección española. A cita tivo lugar en Serbia.
MOZAS E MOZOS FORMÁRONSE EN DÚAS ESPECIALIDADES
O salón de plenos acolleu a clausura e a entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego para persoas mozas Territorio Vivo, promovido polos Concellos de Ribadeo e Barreiros. Ao acto asistiron os alcaldes de Ribadeo e Barreiros, Fernando Suárez e Ana Belén Ermida Igrexas, o concelleiro de desenvolvemento local, Pablo Vizoso, así como a xefa do servizo de orientación e promoción da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Beatriz Corral.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo