Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

E DO 1 AO 9, EXPOSICIÓN SOBRE A CHEGADA DO HOME Á LÚA

Observacións astronómicas

30/07/2019

En agosto terán lugar dúas observacións astronómicas en Ribadeo. A actividade é aberta a todo o público.

FORON 2.880 HORAS DE TRABALLO

Clausura de Ribadeo co Camiño

29/07/2019

Esta mañá tivo lugar o acto de entrega de diplomas aos participantes no obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño, que se veu desenvolvendo desde o pasado mes de outubro. Un total de 18 alumnas e alumnos obtiveron os correspondentes certificados de profesionalidade tras o seu paso polas especialidades de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. No acto, celebrado no salón de plenos do Concello estiveron o alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso; a xefa da Área de Economía e Emprego da Xunta en Lugo, Pilar Fernández; e a directora do obradoiro Ribadeo co Camiño, Maitane Aránguiz.

ÍASE INSTALAR NA AVENIDA DE ASTURIAS

Denegada sala de xogos

26/07/2019

O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo que a Xunta tivese en conta a posición do Concello e non autorice a instalación dun salón de xogo en Ribadeo. O rexedor asegura que "a única economía que debe mover o mundo é a produtiva, non a especulativa".

ESTÁ INCLUÍDO NO PROGRAMA TECH KIDS 2019

Obradoiro de robótica

26/07/2019

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un obradoiro de Robótica que se celebrará o 9 de agosto. Está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre 9 e 16 anos. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición será do 29 de xullo ao 5 de agosto.

BARCIA DESTACA O RISCO QUE CORREN XS PERCEBEIRXS

XVI Festa do Percebe de Rinlo

26/07/2019

O 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.

RESERVA DE ESPAZOS RESPECTUOSA CO ENTORNO E TRADICIONAL

Xira de Santa Cruz 2019

25/07/2019

O alcalde, Fernando Suárez, apela ao civismo de cara á celebración da Xira de Santa Cruz, que terá lugar dentro duns días. Faino a través dun Bando no que lembra que se trata dunha cita de interese turístico de Galicia que se leva celebrando desde os anos 40, "motivo polo que debemos fomentar a súa preservación e promoción".





© 2008 Concello de Ribadeo