Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

HABERÁ SHOWCOOKING E MÚSICA

Día do Produto Local

06/08/2019

Ribadeo acollerá na mañá do domingo, 11 de agosto, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira.

EN AGOSTO VOLVEN AS XEORUTAS DOS PREGUES E DOS OLLOS

Balance turístico de xullo

02/08/2019

No mes de xullo un total de 25.333 persoas solicitaron información na Oficina de Turismo de Ribadeo e no Punto de Atención de As Catedrais, o que supón un incremento dunhas 500 persoas con respecto ao ano anterior. Aumentaron as pernoitas e consolídase o turismo estranxeiro.

A MOSTRA FOI PRESENTADA NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO

Ribadeo, o que a ría esconde

02/08/2019

Do 3 ao 18 de agosto estará aberta no Forte de San Damián a exposición "Ribadeo, o que a ría esconde". Trátase dunha mostra de 50 fotografías dos restos arqueolóxicos localizados polo Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha. Mañá, sábado, pola tarde será a inauguración. Haberá antes unha charla, a proxección dun documental e unha visita guiada. Colaboran coa organización da exposición, que foi presentada hoxe, o Concello de Ribadeo e Acisa.

OS QUE DESEXEN COLLER LIBROS DEBERÁN FACELO ANTES DO 19

Biblioteca El Viejo Pancho

01/08/2019

A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, manterá pechado por vacacións o servizo de préstamo do 19 ao 30 de agosto. Por este motivo piden desculpas polas molestias ocasionadas. Desde a Biblioteca ribadense subliñan que poderán facerse devolucións de luns a venres de 9:30 a 12:30 horas.

NO AREAL ESTIVERON FERNANDO SUÁREZ E JORGE DÍAZ

Simulacros de salvamento

01/08/2019

O servizo de socorrismo e salvamento do Concello de Ribadeo realizou este mediodía dous simulacros nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas. Os supostos foron os mesmos: dúas persoas en apuros na auga, ás que estaba a arrastrar a corrente.

FOI PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO PARQUE DE SAN FRANCISCO

Campaña de concienciación

31/07/2019

A Concellaría de Medio Ambiente inicia esta fin de semana unha campaña de concienciación co obxectivo de evitar que veciñ@s e visitantes deixen tirado o lixo en calquera lugar tanto na Festa do Percebe, de Rinlo, como na Xira de Santa Cruz, en Ribadeo. 





© 2008 Concello de Ribadeo