Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

AS EMRPESAS PODEN PRESENTAR AS OFERTAS DESDE MAÑÁ

Obras en Pintor Fierros

13/08/2019

O Concello saca a licitación as obras de renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O investimento será de 103.000 euros, que cofinanciarán o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, e o prazo de execución é de 2 meses.

O PRIMEIRO SERÁ ÁS 19:30 HORAS

Plenos extraordinarios, mañá

12/08/2019

Mañá, día 13, haberá dous plenos extraordinarios no Concello de Ribadeo. Na sesión convocada para ás 20:30 horas abordaranse cuestións coma os festivos locais do ano 2020, que serán o 25 de febreiro (martes de Antroido) e o 8 de setembro (día da patroa); así como varias modificacións de crédito para levar a cabo actuacións de mellora na Casa da Cultura ou obras en camiños rurais de Covelas e da Devesa.

HAI 10 DÍAS HÁBILES PARA PRESENTAR PROPOSTAS

Incendios forestais

08/08/2019

O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais de xeito mecanizado para desbroce nas marxes de camiños forestais para un máximo de 90 quilómetros e por un orzamento base de licitación de preto de 23.000 euros.

ORGANIZAN O CIM, A EMMeD E A ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA

Mi vida es un poema

07/08/2019

O luns, 12 de agosto, ás 20:30 horas no claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo terá lugar a presentación do libro Mi vida es un poema, escrito por Marta Prieto, profesora de Educación Infantil especializada en Pedagoxía Terapéutica. Persoa ligada á loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, loita que leva a cabo no seu ámbito profesional e persoal.

A DOS PREGUES EMPEZA MAÑÁ E A OS OLLOS O LUNS

Xeorutas en agosto

07/08/2019

Neste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural. Serán de balde e con prazas limitadas, polo que é preciso anotarse.

NO PROGRAMA INCLÚESE UNHA OBRA DE CARME RODRÍGUEZ

Banda Sinfónica de Galicia

06/08/2019

A Banda Sinfónica de Galicia actuará no auditorio municipal de Ribadeo o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 20:30 horas. Música e valores é o título da xira deste 2019.





© 2008 Concello de Ribadeo