Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O EDIL REALIZA UN BALANCE POSITIVO

Turismo en setembro

04/10/2019

Durante o pasado mes de setembro pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais 21.672 persoas. A ocupación hoteleira roldou o 60%. Os datos deunos a coñecer no día de hoxe o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.

ATA O DOMINGO, MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO D.CORTEZÓN

Axenda cultural

04/10/2019

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou a axenda para último trimestre desde 2019. Haberá teatro afeccionado e teatro profesional. Desde Arxentina chegará o grupo El Vacío Fértil. A música tamén centrará a programación do Concello e así o 9 de novembro actuará en Ribadeo a compositora, cantante e contrabaixista estadounidense Tonina Saputo e o 17 de novembro estará en Ribadeo Xoán Curiel. Tamén pasarán por aquí a Coral Los Corrales de Buelna, de Cantabria, e o Quinteto de Acordeonistas Lagunak, de Euskadi.

ADEMAIS MAÑÁ E O VENRES HABERÁ TEATRO PARA OS ESCOLARES

Mostra de Teatro Daniel Cortezón

02/10/2019

Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XVII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada esta tarde pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e pola viúva do dramaturgo, Matilde González. Trátase dunha edición especial porque o seu inicio coincide co décimo aniversario do pasamento de Cortezón. Ata Ribadeo chegarán grupos teatrais de Castro de Rei, Palas de Rei e Vedra.

CON ELA ESTIVERON CARMEN RUBIÑOS E JOSÉ LUIS GEGUNDE

Día das Persoas de Idade

01/10/2019

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, visitou hoxe a nova residencia con motivo da celebración do Día das Persoas de Idade. Os residentes do centro, un total de 39, degustaron un menú especial e gozaron de actividades de animación, tanto pola mañá como pola tarde.

A XUNTA REVISARÁ O PROXECTO DE 2011

Abastecemento de auga

01/10/2019

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo o resultado da reunión mantida hoxe na Xunta para solucionar os problemas do abastecemento de auga a Ribadeo e Trabada.

SERÁ DE 12 A 13:00 HORAS A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA

Charla na Aula CeMIT

30/09/2019

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa o 7 de outubro sobre telefonía móbil e internet.





© 2008 Concello de Ribadeo