Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

FORON MILES DE LITROS DE ZURRO OS QUE CHEGARON AO EO

Permítese o baño na ría

30/08/2019

A Concellaría de Medio Ambiente confirmou esta mañá que as augas da ría son aptas para o baño. O Concello coñecía hoxe o resultado das analíticas realizadas por Sanidade nas praias de Os Bloques e O Cargadeiro, tras o vertido de zurro que se producía o pasado domingo nunha explotación gandeira no municipio asturiano de Vegadeo.

A PROGRAMACIÓN DARÁ COMEZO ÁS 11:30 HORAS

Toma Tomate

29/08/2019

O Mercado dos Domingos renderalle homenaxe ao tomate o 1 de setembro. Haberá degustación deste produto da horta e tamén música, entre outras actividades.

FORON SUPERVISADAS POR JESÚS MUNDIÑA E MÓNICA FREIRE

Obras en camiños

29/08/2019

Comezaron os traballos de mellora de camiños de acceso a núcleos do concello de Ribadeo. Por un importe superior o medio millón de euros foron adxudicados a dúas empresas os traballos de mellora dos accesos a 17 núcleos de poboación distribuídos por todas as parroquias ribadenses cunha lonxitude total de preto de 13 quilómetros de camiños sobre os que se vai actuar.

VIZOSO E LETE VISITARON O CAMPO HOXE

Obras no Pepe Barrera

27/08/2019

O Concello de Ribadeo asinou este mediodía un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o financiamento das obras de remodelación do campo de xogo do estadio municipal Pepe Barrera. O alcalde en funcións de Ribadeo, Pablo Vizoso, agradece a achega da administración autonómica, que so supón o 10% do montante total da obra, arredor de 46.000 euros. Vizoso lembrou que a Deputación aporta 150.000 euros e o Concello 220.000 euros.

RECOMÉNDASE, POR PRECAUCIÓN, NON BAÑARSE NA RÍA

Auga apta para o consumo

27/08/2019

O alcalde en funcións de Ribadeo, Pablo Vizoso, insistiu hoxe en que a auga da traída segue a ser apta para o consumo segundo as analíticas realizadas por Viaqua, tras o vertido de zurro que se producía o pasado domingo en Vegadeo (Asturias) e que chegaba ao río Eo. O Concello está en contacto tanto coa Confederación Hidrográfica do Cantábrico como coas Consellerías de Sanidade e do Mar. Mañá, mércores, está previsto que se realicen analíticas extraordinarias nas praias dos Bloques e do Cargadeiro, situadas en plena ría, e haberá outras ordinarias arredor do 1 de setembro.

COLOCADOS CARTEIS INFORMATIVOS NAS PRAIAS DA RÍA

Vertido de zurro

26/08/2019

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, referiuse esta mañá ao vertido accidental de zurro que se producías nas últimas horas en Vegadeo (Asturias) e que chegou ao río Eo. O rexedor transmítelle tranquilidade á veciñanza xa que os parámetros da auga da traída non se viron alterados polo vertido, que se rexistrou augas abaixo da captación para consumo de Ribadeo, sita en Vilarbetote (Trabada). Como medida de precaución o Concello pide a veciños e visitantes que non se bañen nas praias da ría, é dicir nos Bloques e no Cargadeiro.





© 2008 Concello de Ribadeo