Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

OS DÍAS GRANDES SON O 7 E O 8 DE SETEMBRO

Festas patronais

06/09/2019

O alcalde, Fernando Suárez, convida a disfrutar das festas patronais que se celebran estes días. O rexedor destaca o traballo realizado pola comisión organizadora.

EN AGOSTO PASARON POLAS CATEDRAIS 126.000 PERSOAS

Balance turístico

04/09/2019

As dúas oficinas de turismo, a de Ribadeo e das Catedrais, recibiron en agosto as consultas de máis de 40.500 persoas, que sumadas ás 25.000 de xullo fan un total de máis 65.000 nos meses centrais do verán. A ocupación hoteleira en agosto situouse entre o 95 e o 100%, incrementáronse as pernoitas en Ribadeo, subiu o turismo organizado e tamén o número de peregrinos que percorren o Camiño Norte a Santiago. Os datos foron ofrecidos esta mañá polo concelleiro Pablo Vizoso. 

O PASADO DOMINGO HOUBO UNHA ROTURA NA TRAÍDA XERAL

Abastecemento de auga

04/09/2019

Os alcaldes de Ribadeo e de Trabada veñen de enviarlle un segundo escrito ao presidente da Xunta no que lle solicitan unha xuntanza para abordar a problemática existente co abastecemento de auga para o consumo humano nestes dous municipios. Suárez Barcia subliña nese documento que a Xunta elaborou hai oito anos un proxecto global para substituír a tubaxe que ven desde Vilarbetote, en Trabada, e que suporía un investimento de máis de 5´5 millóns de euros. Tamén hai seis anos chegou a facer unha separata para unha primeira fase, onde se construiría un depósito de auga por 1´5 millóns de euros. O alcalde manifesta que nunca se soubo nada máis destes dous proxectos.

FREIJE AGARDA QUE O PROCESO ESTEA LISTO A FINAIS DE ANO

Xestión do punto limpo

02/09/2019

O Concello ven de sacar a licitación o contrato de servizos para a xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, do cartón porta a porta e do cartón dos contedores azuis. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de outubro. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agarda que todo o proceso estea rematado para finais do presente ano.

QUE RECIBIU UN AGASALLO CONMEMORATIVO

Recepción a Ana Iglesias

31/08/2019

Recepción hoxe no Concello á xogadora de rugbi Ana Iglesias Sobrino. Presidiron o acto a alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarrez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz.

MAL ESTADO DA ESTRUTURA METÁLICA, DA CUBERTA, DAS FACHADAS

Estación de autobuses

30/08/2019

A concelleira de Obras, Mónica Freire, considera positivo que a Xunta asuma a súa responsabilidade con Ribadeo e que ao fin faga o seu traballo na estación de autobuses. A edil lembrou que no ano 2017 o Concello envioulle un requirimento á Xunta informando das deficiencias que sufrían esas instalacións e que podían supoñer un perigo tanto para os usuarios como para os traballadores. Esa petición non foi atendida e a principios deste ano o Concello volveu insistir.





© 2008 Concello de Ribadeo