Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

REMATOU PASADAS AS NOVE E DEZ DESTA NOITE

VI Gala do Deporte

31/10/2019

O Concello homenaxeou esta tarde no transcurso da VI Gala do Deporte a preto de 300 deportistas locais de 14 modalidades polos éxitos conseguidos ao longo dos últimos meses. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.

30 PERSOAS LEVARON OS COMPOSTEIROS PARA AS SÚAS CASAS

Compostaxe doméstica

31/10/2019

A Casa do Mar acolleu onte unha charla sobre compostaxe doméstica, organizada polo Concello de Ribadeo e por Sogama. A actividade estivo dirixida a propietarios e propietarias de vivendas unifamiliares que dispoñen de xardín, hortas ou terras de cultivo, a través da cal se explicou con detalle o proceso de fabricación do compost a partires dos residuos orgánicos xerados nos fogares, obtendo un abono de alta calidade que poderán utilizar nas súas propiedades.

O IBI DESCENDERÁ UN 8% CON RESPECTO A 2018

Pleno ordinario, o día 5

31/10/2019

No pleno ordinario que se celebrará o vindeiro martes, 5 de novembro, revisaranse as taxas e impostos do vindeiro ano. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que non haberá incrementos agás nos casos das concesións administrativas como poden ser a piscina ou a auga e o saneamento. Baixará a recollida do lixo e tamén o IBI.

E CELEBRACIÓN DE VARIOS CUMPREANOS

Magosto na residencia

30/10/2019

Os usuarios e usuarias da residencia de maiores de Ribadeo desfrutaron esta tarde dun magosto. Uns prepararon as castañas no interior e outros participaron no seu asado no exterior do centro.

É PRECISO INSCRIBIRSE PARA ASISTIR

Gobermar en Ribadeo

30/10/2019

O vindeiro 20 de novembro desenvolverase en Ribadeo un obradoiro para a xeración de proxectos do mar. Está impulsado polo GALP dentro do proxecto GOBERMAR e no que colaborará o Concello.

O PRESUPOSTO ANUAL SERÁ DE 55.600 EUROS

Aquí? Coma de 20!

29/10/2019

O Concello sacou hoxe a licitación o contrato de servizos para a realización de actividades socioculturais, denominado Aquí? Coma de 20!, que se divide en dous bloques. O primeiro inclúe actividades formativas, lúdico recreativas, saídas culturais, cafés tertulia ou obradoiros. O segundo estará centrado no movemento activo para mellorar a condición física dos asistentes. Esta programación está destinada aos homes e mulleres maiores das parroquias de Ribadeo.





© 2008 Concello de Ribadeo