Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

ARROUPANDO AO DEPORTISTA ESTIVO A SÚA FAMILIA

Recepción a Martín Fernández

08/11/2019

O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción a Martín Fernández en recoñecemento por terse proclamado campión de España sub-14 de surfing coa selección galega. Xunto ao deportista ribadense estiveron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o técnico municipal de Deportes, Iván López.

O DEPORTISTA ESTIVO ARROUPADO POLA SÚA FAMILIA

Recepción a Iván Lindín

07/11/2019

O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción a Iván Lindín Rodil pola medalla de ouro conseguida en R1 e pola medalla de prata en R3 acadada no Campionato de España de Tiro Olímpico, que se celebrou en La Rioja. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, destacaron os éxitos conseguidos nos últimos anos por este deportista ribadense, ao que lle entregaron unha reprodución da fachada da Casa do Concello. Iván Lindín agradeceu o acto.

GARDOUSE UN MINUTO DE SILENCIO POLA ASASINADA EN FOZ

Pleno, onte

06/11/2019

O Concello de Ribadeo aprobou, no pleno ordinario celebrado onte, un incremento do 7´2% para a taxa da auga e do saneamento en 2020, xa que non se subía desde o 2011. Ademais o vindeiro ano baixará nun 7% a taxa da recollida de lixo e o IBI descenderá tamén un 8% con respecto a 2018. No capítulo de mocións foi rexeitada unha do PP sobre a creación dun plan de residuos. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o seu equipo de goberno traballa nunha nova ordenanza de medio ambiente.

AS PRAZAS SON LIMITADAS. É PRECISO INSCRIBIRSE

Manexo de tabletas

05/11/2019

A aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tabletas dirixido a persoas maiores, que terá lugar os días 14, 18 e 19 deste mes de novembro de 16:00 a 17:30 horas.

TAMÉN ACTUARÁ EN MADRID E EN PALENCIA ESTES DÍAS

Concerto de Tonina Saputo

05/11/2019

O Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este sábado, 9 de novembro, a súa proposta musical máis ambiciosa no ciclo Outras Voces. Trátase do concerto que ofrecerá Tonina Saputo a partir das 20:30 horas.

NA CAMPAÑA PARTICIPAN AS ÁREAS DE IGUALDADE E TURISMO

Violencia machista no Camiño

01/11/2019

Constituído en Ribadeo o Pacto Local Contra a Violencia Machista no Camiño do Norte co obxectivo de previr e dar atención a posibles casos de abuso sexual e/ou violencia machista durante o seu paso por este concello.





© 2008 Concello de Ribadeo