O PROGRAMA ARRINCA O DÍA 7 EN CINXE
De febreiro a agosto terán lugar os Talleres Creativos no Rural Actívate, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras. Están dirixidos ao colectivo de persoas maiores de Ribadeo. Haberá actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, talleres de modelado ou arxila e xogos de mesa.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que "o Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas coidadoras, e dentro deste a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores. Vaise levar a cabo desde o mes de febreiro ata o mes de agosto".
O concelleiro ribadense explicou que "este programa buscará educar, entreter e integrar aos maiores do concello, favorecendo a súa motivación e a participación activa, potenciando a conexión social e evitando os problemas que poden supoñer a soidade e o illamento. Para conseguir estes obxectivos impulsaranse varios talleres culturais que se impartirán nas distintas escolas parroquiais a través dos que as persoas asistentes terán a oportunidade de desfrutar de actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, xogos de mesas, talleres de modelado ou de arxila".
Vizoso Galdo engadiu que "as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 676 892 819 ou nas escolas das parroquias nas que irán atopando información sobre a temática e os horarios dos talleres que se impartirán e que irán cambiando mensualmente".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo