Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Concello

O SERVIZO VOLVERÁ Á NORMALIDADE A PARTIRES DO DÍA 13

Recollida do cartón comercial

03/12/2022

En Ribadeo a recollida do cartón comercial porta a porta a vindeira semana farase o 7 de decembro. 

Segundo explican desde a Concellaría de Medio Ambiente "este é un servizo que prestamos os martes e os xoves pola tarde, pero a vindeira semana como eses días son festivos, entón trasladamos a recollida ao mércores, 7 de decembro, pola tarde".

E engaden: "agardamos que os negocios o teñan presente para que saquen os seus cartóns á rúa unicamente o mércores. O servizo volverá á normalidade a partir do día 13". 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo