Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto recepcion

BARCIA ANIMOUNA A SEGUIR ESTUDANDO E XOGANDO

Recepción a Irene Suárez

05/07/2022

No salón de plenos do Concello tivo lugar esta mañá a recepción ofrecida á futbolista Irene Suárez Fernández, polo posto de semifinalista acadado no campionato de España sub-16 feminino de fútbol co selección galega, que se celebrou hai unhas semanas en Narón. O alcalde, Fernando Suárez, que estivo acompañado polo técnico de deportes, Iván Rodríguez, fíxolle entrega dun agasallo a esta deportista ribadense. 

O rexedor, na súa intervención, dixo: "gústanos recoñecer a traxectoria daquelas persoas que, ben xogando en clubs de aquí ou en clubs que son de fora, representades a Ribadeo por aí adiante, ou neste caso representades a Galicia. É todo un mérito que sendo unha persoa tan nova xogando nestas categorías ides triunfando por aí adiante, chegastes a ser semifinalistas no campionato de España da vosa categoría, e é unha honra para nosoutros como Concello de Ribadeo, para todos os veciños e veciñas, facer esta recepción e darche un regaliño, un pequeno agasallo para que conserves e para que recordes". 

E engadiu: "seguramente que no teu recordo estará máis que nada o partido, pero co paso do tempo seguro que che vai gustar ter este regaliño. E nada máis, solo che queremos desexar o mellor, es moi nova, tes que seguir competindo, tes que seguir estudando, e este é un consello que sempre damos aquí, non deixar os estudos a un lado aínda que o adestramento, e máis ti que ademais tes que adestrar nun equipo que non está aquí en Ribadeo, dobre tempo de desprazamento, de esforzo, etcétera. Pero non deixes os estudos por nada". 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo