Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Anzas

SEGUIRÁ POR REMOURELLE E CEDOFEITA

Cultura nas Parroquias

22/11/2021

Esta fin de semana tivo lugar outro dos eventos que o Concello de Ribadeo, a través do ciclo Cultura nas Parroquias, leva achegando aos núcleos rurais ao longo deste ano. Desta vez foron as pandereteiras da asociación Amigos da Gaita, quen estiveron nas Anzas.

Desde a Concellaría de Cultura, Pilar Otero, subliñou que "Cultura nas Parroquias programou sobre todo música tradicional con grupos locais como Seimeira, Amigos da Gaita ou Illa Pancha, e tamén botou man de formacións doutros concellos da Mariña, como foi o caso de Os Misturos. Así mesmo, a Coral Polifónica de Ribadeo realizou en San Pedro de Arante o seu tradicional concerto de Santa Cilla".

E engadiu: "mais non só se fixo un deseño que xirou arredor da música , tres das parroquias ribadenses puideron gozar a maiores da actuación dun dos mellores representantes da narración oral galega e da Península, Celso F. Sanmartín. E ademais Versión Fin chegou a Rinlo e á Devesa".

Antes de que remate o ano haberá senllas actuacións en Remourelle e Cedofeita.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo