Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Remate

DUCIAS DE PERSOAS GOZARON DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

Remataron os Mercados dos Domingos

11/10/2021

Coa Festa dxs Produtorxs da Horta remataron onte os Mercados dos Domingos, que se viñeron celebrando na contorna da praza de abastos desde principios do pasado mes de xuño.

Ducias de persoas disfrutaron desde primeiras horas da mañá dunha esfollada do millo, dun obradoiro de disfraces e de bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén para as familias. No Mercado dos Domingos desenvolveuse tamén unha prensada e elaboración de zume de mazá e como colofón tivo tivo lugar unha actuación musical a cargo do grupo falapandeireta Erikas e Peluxías. E os locais hostaleiros da contorna da praza de abastos ofreceron tapiñas e petiscos elaborados con produtos da horta. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, fixo un balance positivo dos Mercados dos Domingos: "o balance é totalmente positivo porque acadamos o obxectivo que se pretendía, que era achegar os produtos de proximidade aos consumidores facendo fincapé na súa importancia para a alimentación individual e tamén como motor do desenvolvemento económico da nosa vila".

A XX edición dos Mercados dos Domingos deu comezo o pasado 27 de xuño e rematou onte. Na cita, organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación A Sucadoira, participaron 14 produtoras e produtores da zona.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo