Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto convenio clubs

OUTRAS ENTIDADES PODERÁN ACCEDER ÁS DE CONCORRENCIA

Convenios con clubs deportivos

06/09/2021

O Concello de Ribadeo asinou hoxe os convenios para a concesión de subvencións nominativas a once clubs deportivos. O montante ascende a preto de 46.000 euros. O acto, celebrado no salón de plenos do Concello, contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, do concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e do técnico de Deportes, Iván López.

O edil de Deportes explicou que "desde a Área de Deportes vimos de asinar o convenio das subvencións nominativas a once clubs de distintas especialidades que corresponden a 2021. Este ano, a cantidade global para estes once clubs é de 45.900 euros, case de 46.000 euros de subvencións nominativas. Hai que recalcar tamén que hai outra bolsa, xa que hai clubs que non entraron por distintas cuestións, de 5.500 euros que van a concorrencia ou a eventos. Esa sería outra liña que hai que sumar á cantidade total deste ano para todas as subvencións deportivas".

O concelleiro ribadense considera que "é unha cantidade interesante, unha aposta como sempre do Concello polo deporte e por apoiar a estes clubs que todos os anos fan ese esforzo, día tras día, para que os nenos e nenas poidan desenrolar o deporte e competir, que non é o principal pero está nesa liña. De todas estas axudas nominativas poden pedir un anticipo do 80% e o outro 20% cando estea xustificada a subvención". 

Jorge Díaz Freije engadiu que "hai uns prazos así que dicirlles aos clubs que miren ben o convenio e se hai algunha dúbida teñen na Concellaría de Deportes e en Intervención aos técnicos a disposición deles. A ver se este ano se vai normalizando un pouco a actividade deportiva para que todos os clubs poidan desfrutar e competir como se viña facendo ata antes do covid. Pedimos, ante todo, moita prudencia tanto en adestramentos como en competición atendendo sempre ás normas sanitarias". 

O concelleiro de Deportes subliñou que "un ano máis o Concello segue apostando por estas entidades que o están a facer ben dentro das posibilidades e queremos darlles a noraboa para seguir con este traballo e dicirlles que o Concello vai continuar apoiando todas as iniciativas deportivas".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo