Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto observacion

ORGANIZADA POLO RAMÓN MARÍA ALLER

Observación astronómica

30/07/2021

O 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para poder asistir é necesario inscribirse na Área de Medio Ambiente do Concello.

Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que "como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. Consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo chamando ao 982 120 701".

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo