Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto gabias

CON MEDIOS PROPIOS E COA AXUDA DA DEPUTACIÓN

Limpeza de gabias

09/06/2021

O Concello de Ribadeo leva a cabo estes días labores de limpeza de gabias nas parroquias de Piñeira, Vilaframil e A Devesa. A actuación abrangue 30 quilómetros de cunetas e os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e o polo concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense explicou que "dende a Área de Medio Rural estamos nestes días reanudando a limpeza de gabias en varias parroquias do concello. Para isto votamos man tanto dos recursos propios municipais, como é a máquina de limpeza que adquirimos recentemente ou ben, como agora, a través dunha axuda da Deputación de Lugo. Contratamos a unha empresa externa para actuar nas parroquias de Piñeira, Vilaframil e estes días estamos rematando na Devesa. Nesta fase imos actuar nuns 30 quilómetros de limpeza de cunetas".

Marcos Villamil dixo que "sabemos tamén que hai moitos máis camiños municipais que están necesitados deste tipo de limpeza, xa que favorece moito o discorrer das augas e evitarán que se estraguen os camiños antes de tempo. Por todo isto, temos pensado seguir actuando no resto das parroquias do concello nos próximos tempos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo