Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Mariluz

SERÁ O 3 DE MAIO NO TEATRO ÁS 10:30 HORAS

Charla para as familias

27/04/2021

A Concellaría de Ensino xunto con Educando en Familia organizan unha charla sobre o risco no uso das novas tecnoloxías e o acoso escolar dirixida ás familias de Ribadeo.

Nesta sesión formativa, que terá lugar o vindeiro luns, 3 de maio, ás 10:30 horas no Teatro de Ribadeo, abordaranse contidos relacionados co bo uso, sen abuso, seguro e responsable das novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) por parte dos fillos/as e o acoso escolar. 

A charla será impartida por formadores do corpo da Garda Civil. 

Desde a Concellaría de Ensino sinalan que "actualmente existe unha crecente preocupación polo uso abusivo da internet, móbiles, redes sociais e videoxogos por parte dos nenos/as e adolescentes. As TIC desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade actual, forman parte da nosa vida cotiá e inflúen no modo en que interactuamos e percibimos o noso contorno. Usadas de modo seguro e responsable, con bo senso, presentan innegables e múltiples vantaxes, pero un mal uso asóciase con problemas a nivel físico, académico, psicolóxico e social e con prácticas de risco". 

E subliñan que "o obxectivo desta charla é ofrecer ás familias recomendacións útiles sobre o uso que facemos e fan os nosos fillos e fillas das novas tecnoloxías é reflexionar sobre como podemos protexelos e educalos nun uso seguro e responsable das mesmas. Así mesmo, explicarase en qué consiste o acoso escolar e como se pode previr, axudando así aos nenos e nenas a poder detectalo e como superalo". 

Debido ás restricións actuais, o aforo será limitado.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo