Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto alcalde

SI ISTO VAI A MAIS A SITUACIÓN PODE COMPLICARSE EN RIBADEO

Datos sobre o covid

17/04/2021

O alcalde, Fernando Suárez, fai un chamamento á poboación para que "estremen as precaucións nos comportamentos individuais e colectivos", logo de terse confirmado que os positivos por covid neste momento son 12 e que se están a facer máis probas para confirmar ou non novos casos.

O rexedor explicou que "soubemos no Concello, por información das autoridades Sanitarias do Sergas de que o número de positivos por Covid19 en Ribadeo xa ascende a 12 persoas. Tamén sabemos que a mais persoas se lles están a facer as probas necesarias para confirmar ou non novos positivos".

Suárez Barcia dixo: "debemos ser conscientes que se a situación segue a medrar nos vindeiros días é posible, e moi probable, que as mesmas autoridades sanitarias rematen por cambiar a categoría de seguridade sanitaria na que Ribadeo leva unha boa temporada. Iso supoñerá irremediablemente unha limitación das capacidades dos negocios, das tendas, bares, restaurantes, etc".

O alcalde subliñou: "queremos facer este serio chamamento a toda a poboación, de Ribadeo, e de fóra del, para que POR FAVOR, estremen as precaucións nos comportamentos individuais e colectivos. Non se trata de que as forzas de seguridade fagan ou seu traballo, que o fan, senón de que actuemos todos e todas con responsabilidade no uso da máscara, nos aforos máximos tanto en locais públicos coma en domicilios privados e respectemos as normas ditadas para que a cousa non vaia a máis".

E engadiu: "todos vemos xa que o final do túnel está a tiro de pedra. Non vaia ser o demo de que antes de chegar a el teñamos que pasar por outra xeira de confinamento".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo