O FORTE VENTO SENTIUSE DURANTE UNHA BOA PARTE DO DÍA
A borrasca Karim deixou algunhas incidencias este sábado en Ribadeo.
Caídas de árbores, como nas Aceas en Ove, caídas de contedores e de chapas dun edificio, como o acontecido na rúa Rafael Fernández Cardoso, son algunhas das incidencias que está a deixar en Ribadeo o paso da borrasca Karim. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, tan só se trata de estragos materiais.
No caso do vieiro das Aceas os servizos municipais da Área de Medio Ambiente proceden á retirada desa árbore para deixar expedita a estrada. E ata o edificio de Rafael Fernández Cardoso desprazarase unha empresa especializada. A Policía Local mantén acordoada a zona.
As fortes rachas de vento deixáronse sentir durante todo este sábado, pero foron especialmente intensas cara o mediodía.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo