Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto sinatura pistas

AS OBRAS DARÁN COMEZO NA PRIMAVERA

Novas pistas deportivas

25/01/2020

O Concello de Ribadeo ampliará as súas dotacións deportivas coa instalación de dúas novas pistas de xogo no parque situado na rúa Rafael Fernández Cardoso, na vila de Ribadeo, e na praza da Santa Catalina, en Rinlo.

Os traballos iniciaranse na primavera despois de que a deputada da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinasen un convenio de cooperación para financiar as actuacións, que suporán un investimento total de 20.326 euros, do que 15.000 euros serán aportados pola entidade provincial e 5.326 polo Concello.

O rexedor explicou que "as pistas se ubicarán en dúas zonas de alta demanda de espazos de xogo por parte da mocidade, no caso do recinto da vila, a carón do IES Dionisio Gamallo Fierros e da Escola Oficial de Idiomas, lindando cunha zona de bastantes vivendas, e no caso de Rinlo no recinto do parque infantil de Santa Catalina, centro de ocio e esparexemento deste núcleo".

Nesa mesma liña, a deputada provincial, Mónica Freire, sinalou que "a ampliación e mellora dos equipamentos públicos destinados á mocidade é un  dos obxectivos principais marcados desde a Área de Mocidade, e nesa dirección estamos a traballar".

Os novos recintos contarán cunha zona de xogo e esparexemento con pista en forma de octógono e dúas porterías.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo